Produtos Monte Cabalar: do noso monte á nosa mesa

Coa satisfacción de estar xestionando os recursos dos nosos montes, obtemos produtos cárnicos da máxima calidade que comercializamos coa nosa marca propia en canles curtas, a través da venda directa a socios ou na localidade, completando na práctica o ciclo do monte á mesa nunha experiencia de soberanía alimentar.

Salchichón monte cabalar é o noso primeiro produto cárnico transformado

un produto natural e exclusivo, elaborado con carne magra de poldro (85%) e touciño de porco celta (15 %). É o noso primeiro produto transformado, pensado para valorizar os poldros do monte e familiarizar ao consumidor cunha carne magra, branda e con alto contido en proteína e ferro, que ten menos do 0,3% en graxa e máis do 24% dos ácidos graxos son omega-3, polo que resulta imprescindíbel nunha dieta sá.

dsc 0211