O 30 de setembro do 2006 asínouse un convenio bianual coa Consellaría de Medio Rural comprometéndose as partes a realizar o seguinte investimento para executar o proxecto en fases:

  2006 -1ª fase 2007-2ª fase
Consellaría 250.376,95 242.982,87
Cooperativa 195.309,20 175.934,88
Total 445.686,15 418.917,75
Total investimento   864.603,90

 

Obras e intervencións
En decembro do 2006 inicíaronse as obras de realización das infraestruturas e os traballos de intervención, continuados até a actualidade.
Valado con malla ovina e estaca de madeira tratada de aproximadamente 17.000 m construíndo pasos canadenses nas pistas de acceso principais e colocando cancelas en camiños secundarios.
Captacións de auga con tanques de almacenamento para naves e parcelas.

21Construción dunha nave de 500 m2 para refuxio de gando caprino e dun armacén de 100 m2 para maquinaria e forraxe.
Construción dunha manga de manexo e patios de recría.
Roza dunhas 300 ha para eliminación de masa arbustiva sen valor pascícola.
Laboreo superficial para a implantación de 20 ha de pasteiros con correccións de ph e fertilizacións.
Queima prescritas dunhas 40 ha en lugares de máxima pendente co emprego de sementeiras en quente.
Parcelacións interiores para manexo do gando e regulación do pastoreo.
Mellora e acondicionamento de accesos e pistas interiores.

Creación de emprego
Ademais da execución das obras e traballos, este investimento permitiu crear 8 empregos directos a tempo completo. Na actualidade opérase cun equipo de 7 traballadores:
1 Director técnico
1 Encargado de manexo na explotación gandeira, estando á procura dun 2º pastor.
1 Técnico forestal
4 peóns forestais na execución do proxecto de ordenación forestal


Transformacións

22Actualmente hai un rabaño de 360 cabras, e de 100 cabezas de gando caldelao participando no programa de recuperación de razas autóctonas, 26 cabezas de rubia galega inscrita, e unha grea de 50 égoas con 28 inscritas en pura raza galega. Son rabaños novos que aínda están lonxe de acadar a produción media. Lévase un programa de recría de nodriza e véndese carne de cabrito, tenreiro caldelao e poldro coa nosa marca. En xuño de 2007 iniciouse a venda de cabritos, á que continuou, de xeito progresivo, a de becerros e poldros.
Véñense realizando rozas, faixas de protección e traballos silvícolas en zonas xa arborizadas, reforestáronse unhas 60 ha con frondosas e coníferas e preparouse para reforestación na próxima temporada unha superficie de 30 ha.
Desde o verán de 2006 vénse recollendo unha media de 500 rolos de herba, unha superficie aproximada de 50 ha, nos agros en abandono das 4 parroquias. Esta primavera iniciamos a experiencia do cultivo de forraxe en superficie agrícola abandonada.


A nosa experiencia
23Nas campañas de promoción iniciadas no verán de 2007 para presentar os nosos produtos, nas degustacións públicas de becerro caldelao –2007 e 2008- e de cabrito –2009, ou nas exposicións do proxecto en xeral, elaboramos esquemas divulgativos que expoñen a nosa filosofía, a nosa experiencia e os nosos avances. Nestes esquemas procuramos lemas que, actuando como ideas forza para nós, sinteticen a experiencia transmitindo a mensaxe de que é posíbel construír un novo modelo:
Nova paisaxe monte cabalar: perspectiva dun horizonte en produción que integra milleiros de leiras. O lema tenta amosar a transformación da paisaxe a través da longa perspectiva dun horizonte produtivo, con rabaños de animais en lombas ou chaos nos que se vai recuperando o pasto e que antes eran matogueiras. Expresa a nosa dobre vitoria: sobre o abandono e sobre o minifundio.
Produto dos nosos montes: O selo tenta expresar a satisfacción colectiva de acadar produción nun monte no que só se producían incendios forestais, asociando o produto a un novo concepto de calidade: producido naturalmente, sen pensos compostos, co gando en liberdade, seguindo o biorritmo natural dos animais, resultado do aproveitamento da biomasa xerada no monte... Cun valor, pois, ambiental, paisaxístico e ecolóxico engadido.
24Cabritos/becerro/poldro monte cabalar: quer presentar no mercado un produto diferenciado, como produto local de calidade, co valor de seguir as pautas dunha produción tradicional. En todo caso, a boa acollida e calidade que teñen levounos a rexistrala como marca propia. Para a comercialización optamos pola venda directa, o mercado local e os mercados de calidade.