15

Como se dixo, no modelo cooperativo achamos saída ao túnel do individualismo e o instrumento idóneo para consumar o proceso social. No concepto de economía social do cooperativismo e nas vantaxes fiscais achamos a dimensión social procurada para que se cumpra a necesaria condición de que sexa un proxecto colectivo, no que todos (propietarios, non residentes, viciños e entusiastas do proxecto) poidan participar, reforzando, ao cabo, a función social, co valor engadido de focar a xestión cooperativizada do monte máis como un traballo social ao xeito das comunidades de montes.

 

 

 

 

Cooperativa de explotación comunitaria da terra

16A Lei 5/1998 de cooperativas de Galiza no artigo 112 defínea como:
“Son cooperativas de explotación comunitaria da terra as que asocian titulares de dereitos de usos e aproveitamento de bens susceptíbeis de explotación agraria, que ceden os ditos dereitos á cooperativa e que prestan ou non o seu traballo nela... co obxecto de xestionar unha única empresa ou explotación agraria.”
Con rotunda precisión este era o modelo que andabamos a procurar. Nas xuntanzas parroquiais do mes de xuño xa vencellamos o desenvolvemento do proxecto coa xestión a través do modelo cooperativo e encetamos a explicación do proceso constitutivo. Realizamos a asemblea fundacional o 30 de xuño e a constituínte, con aprobación dos estatutos, o 21 de xullo. A constitución rematouse o 22 de agosto do 2006 coa inscrición no Rexistro de Cooperativas. Na actualidade hai máis de 330 socios cooperativistas participando desta experiencia.
A cerna do proxecto fica recollida no artigo 4 dos nosos Estatutos ao definir o obxecto social:
“A Cooperativa terá por obxecto a xestión integrada nunha única explotación de multitude de pequenas propiedades para acometer un proxecto de gran explotación gandeira, forestal e agrícola, encamiñado ao mellor aproveitamento e valorización das terras, á mellora da poboación agraria e ao desenvolvemento do medio rural.”