4

Levar o gando ao monte era un sistema de pastoreo semi-extensivo practicado sobre todo nas zonas altas ata fai 30 anos. O aproveitamento pascícola do monte complementaba a alimentación da gandaría, sobre todo na primavera coincidindo coa sementeira. No verán cortábase o toxo que logo se baixaría para facer a cama do gando e obter o esterco co que se fertilizaban as terras de labor. Segábase, igualmente, o cereal que se cultivaba nas lombas. Nos últimos atardeceres do estío baixaban decenas de carros cara ás aldeas cargados de toxo e de  més.

 

 

 

5Nas quenlladas máis abruptas deixábase medrar o toxo varios anos para empregalo como combustible nos fornos de leña.

O pastoreo, a roza de toxo para facer esterco ou para leña, o cultivo de cereal, exercían un control sobre a matogueira, base do equilibrio entre as comunidades e o monte. Deste xeito a elevada capacidade de produción de biomasa do monte era transformada a través de diferentes procesos. O monte representaba un valor importante polo que en ben poucas ocasións se perdía o equilibrio, e mesmo neses casos as consecuencias eran de alcance moi limitado, pois a paisaxe en mosaico (minifundio, comareiros, relevo, alternancia de cultivos...) actuaba como unha barreira fronte aos lumes, ás pragas ou á erosión.